Canles de comunicación do concello de Bergondo cos usuarios/interesados
Ademais da canle tradicional (correo postal), dende outubro de 2017, o concello de Bergondo pode enviar notificacións, comunicacións, requerimentos, etc. vía telemática.
O concello de Bergondo está adherido á plataforma de notificacións electrónicas da Xunta de Galicia: Notifica.gal
Para que o usuario destinatario poida recibir nesta plataforma as comunicacións do concello, ten que cumplir estes requisitos:
- Estar en disposición dun certificado electrónico ou do sistema Chave365
- Estar dado de alta en Notifica.gal
- Elexir a opción da canle telemática cando se presenta a solicitude por rexistro, outorgando permiso ó concello para que lle de de alta nesa plataforma no seu lugar.
Hai algúns usuarios que están obrigados por lei a relacionarse electrónicamente coas administracións públicas. Consulta no pdf (á dereita da páxina) cales son estes colectivos.
Para máis información:
- Acceder a Notifica.gal
- Descargar os tutoriais informativos na parte dereita desta páxina.
Lei 39/2015 (art. 14) quen está obrigado a relacionarse por medios electrónicos coas AAPP
Descargar (26.38 kb)
Tutorial alta Notifica.gal
Descargar (1.26 mb)
Tutorial usuarios obrigados por lei a relacionarse por medios electrónicos coas AAPP (contratistas e outros colectivos)
Descargar (2.24 mb)
Tutorial usuarios non obrigados
Descargar (1.71 mb)
Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33