A andaina e marcha cicloturista promovida pola Deputación da Coruña para a súa estrea terá como punto de saída o pavillón de Guísamo (9:30 horas).
Para participar é necesario inscribirse, ata o 3 de febreiro, en www.dacoruna.gal/deporte/andaina/inscricion
Desde o Concello habilitaremos un servizo de bus, tanto para aquelas persoas que desexen rematar a ruta no punto intermedio da Cidade Deportiva de Abegondo como para os que cheguen ata o final en Carral.