28 de September, 2021
O Concello de Bergondo lanza unha nova liña de axudas para a adquisición de material informático co obxectivo de contribuír a minimizar o impacto da pandemia nas familias corrixindo o acceso desigual ás novas tecnoloxías e ao material dixital imprescindible para que o alumnado bergondés poida desenvolver a súa formación e aprendizaxe on-line.
Orzamento de 30.000 euros, financiados a través do PlanÚnico Social
da Deputación da Coruña.
O prazo para presentar as solicitudes rematará o 19 de outubro
Máis información no 981791252 Ext.4 ou servizos.sociais@bergondoweb.com
Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33