25 de April, 2022
A Deputación da Coruña ven de publicar as bases reguladoras das axudas enmarcadas no Programa de medidas urxentes para paliar o impacto do incremento do custo do cumbustible e subministracións nossectores agrario, gandeiro, pesqueiro e do transporte de mercadorías por estrada (MUR_COMB_SUBM/2022).
As bases do programa poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia nº 76 do 22 de abril de 2022:
https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2022/04/22/2022_0000002152.pdf
A presentación será telemática a través da plataforma SUBTeL: https://sede.dacoruna.gal/subtel/.
Achégase unha guía cun resumo do Programa e detalle da forma de presentación da solicitude para unha mellor comprensión.
Lembrámoslle que na web da Deputación (https://www.dacoruna.gal/) pode consultar a información actualizada desta convocatoria.
Permanecemos a súa disposición para calquera aclaración ou consulta
Servizo de Desenvolvemento Territorial e Medio Ambiente
Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33