05 de October, 2021
CARNÉ TEATREIR@
Fai un tempo o Concello de Bergondo puxo en marcha a campaña “En Bergondo, mellor”, que tiña como obxectivo o apoio ao comercio local.
Unha das accións enmarcadas nesta campaña consiste na entrega de bonos para promocionar a compra no comercio local entre os nosos veciños e veciñas.
EN QUE CONSISTE?
Trátase dun carné para as actuacións teatrais, musicais, de monicreques,etc. que se organicen dende o concello de Bergondo. En cada actuación, o persoal do concello colocará un selo no teu carné, confirmando a asistencia ao evento.
Unha vez se xunten 4 selos, dará dereito a un bono por importe de 15€ para realizar compras nos establecementos adheridos á campaña “En Bergondo, mellor”.
A QUEN VAI DIRIXIDO?
Aos veciños e veciñas maiores de 18 anos, empadroados/as no concello de Bergondo.
Entregarase un carné por unidade familiar.
COMO E ONDE O SOLICITO?
Por enderezo electrónico a cultura.deportes@bergondoweb.com ou por teléfono no 981 791 252 (ext.7) indicando os teus datos persoais e DNI.
Entregarase na actuación que asistas, recibindo o primeiro dos selos.
É importante solicitar o carné dous días antes da actuación.
CANDO CONSIGO O BONO?
Cando xuntes 4 selos no teu carné de teatreir@, deberás poñerte en contacto co departamento de cultura solicitando o bono correspondente.
Dende o departamento de cultura, comunicarase o día de recollida do bono. Para recollelo deberás entregar o teu carné de teatreir@.
ATA CANDO PODO FACER USO DO BONO?
Os bonos teñen unha caducidade de 3 meses.
PODO SOLICITAR MÁIS DUN CARNÉ?
Si. Así que consigas o bono, poderás volver a solicitar outro carné teatreir@
Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33