concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Noticia

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

« Volver al listado

15 de June, 2021

Campaña Liberdade de ser e sentir! impulsada dende a área de Igualdade da Deputación da Coruña botou a andar esta semana!



Dende Ser e sentir! queremos convidarvos a que visitedes a nosa web seresentir.gal onde atoparedes un feixe de recursos que podedes compartir. Animámosvos a que a entredes na web e lle botedes un ollo á programación que se desenvolverá ao longo do mes de xuño.

Entre outros recursos podedes atopar contacontos, vídeos presentación de colectivos LGTBQI+, refrescar conceptos coas pílulas divulgativas que iremos colgando ao longo do mes ou  desafiarvos no  "rosco pasapalabra"  arredor de termos relacionados coas diversidades sexuais.

Todos estes recursos e moitos máis, que iremos publicando ao longo destas semanas, están á vosa disposición para que consultedes, gocedes e espalledes nas vosas redes sociais empregando os cancelos #seresentir e #DeputacióndaCoruña coa finalidade de sensibilizar, concienciar e reivindicar o día da diversidade sexual.


Dentro desta campaña, celebrarase o congreso "A MEMORIA DIVERSA"

Datas: venres 18 e sábado 19 de xuño.

Lugar: Pazo de Mariñán (Bergondo)

Descarga o pdf para máis información.

Arquivos:
CARTEL-ACTIVIDADES.jpg
memoria_diversa.pdf

Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legalPolítica de privacidad

/home/bergondo/public_html/typo3/sysext/cms/tslib/index_ts.php