24 de May, 2021
SÁBADO 29 DE MAIO
17.00 h.
EDIFICIO A SENRA
RESERVA A TÚA PRAZA
981.791252 EXT.4
serezabel.rodriguez@bergondoweb.com
Bota a andar a Xira Inclusiva do proxecto JAMM – IN
Unha vintena de persoas de moi diversas procedencias e realidades económicas, sociais e culturais levarán a diferentes puntos da nosa xeografía un espectáculo teatral creado aquí en Galicia e que chegará ao corazón de Europa nos meses vindeiros da man do proxecto JAMM-IN. Proxecto que traballa a inclusión social mediante as artes e que está cofinanciado polo programa Erasmus+ da Unión Europea.
A xira inclusiva comezará o martes 25 na Casa da Cultura do Milladoiro, onde mozos e mozas participantes no proxecto dende novembro de 2020 presentarán ese día unha obra audiovisual elaborada pola rapazada no seo do proxecto que ten como título “O Milladoiro, Terra da Fraternidade”.
Nos días seguintes visitará as bisbarras das Mariñas (con paradas en Betanzos, Bergondo e O Temple, Cambre), a Costa da Morte (centros educativos de Cee) e a Galicia interior (comarcas do Ulla e Deza, Vedra e Lalín).
Serán 12 representacións que incluirán coloquios entre as artistas e o público xuvenil a modo de encontro intercultural con persoas diversas, que axude a botar por terra estereotipos e convide a desenvolver narrativas de esperanza. Esta peza é froito do laboratorio teatral que dende o 20 de maio está a ter lugar no Albergue Xuvenil de Gandarío (Concello de Bergondo) no que participan persoas moi diversas tocante súa singularidade persoal, procedencia cultural, situación social e historias de vida... mais todas elas persoas ao fin e ao cabo, persoas sensibles e sensibilizadas coa dignidade de todos os seres humanos.
A xira rematará o SÁBADO 29 nunha sesión jamm aberta a todos os públicos e que comezará ás 17h no centro cultural A Senra no Concello de Bergondo.
O encontro que en Galicia está acontecer da man do proxecto JAMMIN é unha das primeiras accións internacionais deste tipo que se realizan en todo o continente europeo dende a declaración da pandemia sanitaria. Con medidas de seguridade e sentidiño, mediante as artes queremos dar voz aos sen voz e dar renda solta á expresión da tan necesaria emocionalidade humana.
Máis info sobre o proxecto en jamminproject.eu ou esta semana nos teatros e auditorios.
Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33