07 de July, 2021
Destinatarios: de 14 a 30 anos.
Prezo: actividade gratuíta.
Prazo de presentación de solicitude: do 7 ao 12 de xullo.
Seguiranse ofertando as distintas actividades, habilitando un prazo de 5 días para as inscricións en cada actividade e, con tempo suficiente para a súa organización e realización. Dos prazos de inscrición de cada actividade informarase debidamente a través da páxina web do concello.
Horario e forma de presentación de solicitudes:
Cumprimentar o formulario que se pode descargar abaixo (pdf) e envialo por correo electrónico a educacion@bergondoweb.com, xunto coa fotocopia do DNI; no caso de ser menores de idade, fotocopia do DNI da nai, pai ou titores legais.
(Enviarase a confirmación da solicitude)
Outras opcións para a presentación desta documentación son:
• Vía telemática a través da sede electrónica municipal.
• Vía presencial: de 9.00 a 14.30 h. na Casa de Cultura. CON CITA PREVIA no 981 79 12 52 ext.7
Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33