Inicio » #Descubre Bergondo » Praias
Sen dúbida, un dos principais recursos naturais e turísticos do concello de Bergondo son as súas praias:
Praia de Gandarío. É a que ten a ocupación máis alta. Tranquila e segura, con bos servicios turísticos (duchas, baños, campings, restaurantes, cafés, etc.).
Praia do Pedrido. Sita nas marxes esquerda e dereita da Ponte do Pedrido, que une as dúas beiras da ría de Betanzos. Dun lado destaca un amplo areal, e doutro espacios recreativos e servicios turísticos moi completos.
Praia do Regueiro. Chamada tamén do Penedo. De escasa extensión pero moi fermosa.
Praia da Cabana. É a máis pequena e a menos frecuentada das catro.
Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33