concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Inicio » #Descubre Bergondo » Natureza

Natureza

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

As Marismas

Na zona da desembocadura do río Mandeo aparecen formacións sedimentarias, denominadas marismas. A marisma e un marxal costeiro salino do fondo das rías e desembocadura de moitos ríos, que se compón de pradarías dominadas básicamente por xuncos, polo que en Galicia frecuentemente denomínanse xunqueiras. En Bergondo, esta formación atópase na ría formada polos ríos Mendo e Mandeo. A composición e orixe destes materiais é diversa: xistos de Ordes e rochas básicas correspondentes á cunca do Mendo, xunto con materiais graníticos, filitas e lousas da cunca do Mandeo.

A marisma constitúe un hábitat de importancia rexional para as aves palustres migratorias que utilizan zonas húmidas de Galicia como punto de descanso nas migracións anuais. En censos eleborados nestes últimos anos pódese observar variacións no número de especies que recalan nestas marismas: garzotas, garzas, martiño peixeiro... As gaivotas patiamarela e chorona chegan a alcanzar concentracións de 3.000 ou 4.000 exemplares na baixamar do Pedrido e da Ponte do Porco, mesturada coa gaivota oscura e o gaivotón. No Pedrido abundan os mazaricos, tanto o galego como o curlí.

A ría alberga nas súas augas ameixa, berberecho, meixillón, así como robalizas, muxo, faneca, sarda, sollo, sardiña, bocarte e congro, entre outros.

 

Parte do territorio bergondés se sitúa dentro do espazo natural protexido denominado LIC Betanzos-Mandeo. Este Lugar de Interese Comunitario forma parte da Rede Ecolóxica Natura 2000, creada pola Directiva 92/43/CEE, do Consello das Comunidades Europeas, relativa á conservación dos hábitats naturais e da flora e fauna silvestres.

Un Espazo Natural Protexido defínese, segundo o concepto acuñado pola Unión Internacional de Conservación da Natureza, como unha zona de terra e/ou mar especialmente adicada á protección e mantemento da diversidade biolóxica e dos recursos naturais e culturais asociados e xestionada legalmente o por outros medios eficaces  

Na actualidade hai distintas figuras de espacios protexidos en función das súas características e valores naturais e das limitacións que poden impoñerse o seu aproveitamento:

Internacionais: Humedais de importancia internacional do Convenio Ramsar; Reservas da Biosfera declaradas pola UNESCO; Sitios naturais da lista do Patrimonio Mundial Cultural e Natural declarados pola UNESCO.

Europeo: Rede Ecolóxica Europea Natura 2000.

Nacional: Parques, Parques Nacionais; EUROPARC-España.

Nacional / Autonómico: Reservas Naturais; Áreas mariñas Protexidas; Paisaxes Protexidas; Monumentos Naturais.

Local: Espazo Natural de Interese Local.

 

LIC Betanzos-Mandeo. Descrición

Este espazo natural está integrado polo estuario e o curso baixo e medio do ríío Mandeo (25 km), parte do seu afluente o río Zarzo, o tramo baixo do río Mendo (9 km) e a desembocadura do río Lambre (Ponte do Porco).

A zona estuárica (530 ha) do sistema Mandeo-Mendo-Lambre abarca desde as inmediacións de Betanzos ata a parte máis interna da ría do mesmo nome, augas abaixo, entre a localidade de Miño e a punta de Moruxo, ao bordo da praia de Gandarío, ao longo de case 7 km, e constitúe unha das maiores extensións de marisma litoral de Galicia: conta cunhas 170 ha de xunqueiras e pradarías halófilas e unha ampla extensión de augas abrigadas de fondo de ría (algo máis de 200 ha), que só parcialmente se descobren coas baixamares. A influencia das mareas faise notar, no caso do Mandeo, ata uns 12 km da súa desembocadura. A parte máis baixa da conca deste río é o dominio dos esquistos de Bergondo, mentres que augas arriba, a partir do monte da Espenuca (Coirós), predominan os granitos de dúas micas, con notables afloramentos que fan que o río encaixe considerablemente ao longo duns 8 km no tramo central do LIC, presentando unha marcada pendente (3%) entre Lagoa e Colantres, onde discorre entre os 220 e os 20 m sobre o nivel do mar. En contraste, tanto río arriba como río abaixo a pendente suavízase, sen superar o 0,6%. A máxima altitude do espazo protexido alcanza os 284 m sobre o nivel do mar, cunha altitude media de só 34 m.

A zona pertence á rexión eurosiberiana, provincia atlántica-europea e subprovincia cántabro-atlántica, e adscríbese ao sector galaico-portugués, aquí xa moi preto do seu límite co sector Galaico-Asturiano. O seu dominio climático é o oceánico húmido, en transición ao oceánico de montaña, cunha precipitación media anual crecente cara ao interior, e oscilan entre os 874 mm en Betanzos e os 1.705 mm en Irixoa, concentrada nos meses de novembro e decembro (aínda que o máximo caudal se acada en febreiro). A temperatura media é de 12,3 a 11,8 ºC e goza de 300 a 350 días libres de xeada.






Camino Mariñán (Sada-Bergondo-Betanzos)

Proxecto Mandeo

Reserva da Biosfera "Mariñas coruñesas e Terras do Mandeo"

GDR Mariñas-Betanzos

Turgalicia (LIC-Betanzos-Mandeo)

Turgalicia (Espazos naturais)

Declaración LIC Betanzos-Mandeo

 

Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legalPolítica de privacidad

myself, Côte de Geneve on the bridges and circular Côte de Geneve on the winding mass. The screws are heat-blued and the edges of the bridges are beveled and polished. That s what we may expect from a Haute Horlogerie manufacture like Girard-Perregaux and they have delivered accordingly. The movement is fitted with two parallel barrels with a power reserve indicator using a rack system. At 12 oclock, Colt breitling knockoff , We offer top swiss AAA Omega cartier wholesale watches online , and much later they invented Spring Drive. Since both are equipped with a quartz crystal.
/home/bergondo/public_html/typo3/sysext/cms/tslib/index_ts.php