concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Inicio » #Concello » Goberno 2019-2023

Goberno 2019-2023

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

Área de Presidencia


Alejandra Pérez Máquez - Alcaldesa

Competencias:.

Correspóndelle a área de Presidencia a coordinación das diferentes áreas municipais.

En concreto intégranse na área de Presidencia, no eido de Persoal, as relacións cos representantes dos empregados públicos e a presidencia da Mesa xeral de negociación, oferta de emprego público.

No eido do Urbanismo, conserva esta área as competencias en materia de planeamento relativas a plans e instrumentos de ordenación urbanística, incluída a súa redacción.

En materia de Contratación, esta área asume a xestión dos procedementos de contratación do Concello.

No eido da Transparencia, correspóndelle a actualización dos datos contidos no Portal de Transparencia do Concello de Bergondo e da páxina web municipal.

No eido das novas tecnoloxías, correspóndelle a xestión das políticas municipais tendentes á súa implantación completa ás esixencias das novas leis de procedemento e achega aos veciños, as plataformas de tramitación electrónica, a sede electrónica municipal, impulso do uso da administración electrónica e implementación das TIC de xeito transversal.

En materia de Facenda, ocuparase esta área, en materia de gastos, da xestión presupostaria do concello, seguimento e control dos orzamentos, xestión económica e financieira da Administración; en materia de ingresos, recursos económicos do concello, xestión tributaria e de recadacion, política fiscal, preparación de ordenanzas fiscais e estadística

Correspóndelle tamén a esta área todas aquelas materias non asignadas expresamente a outra área de goberno.


Área de Cultura, Ensino e Desenvolvemento económico

 

Patricia María Vázquez Figueroa - 1ª Tenente de alcaldía

Competencias:

No eido da Cultura e do Ensino correspóndelle a xestión das políticas municipais de cultura, lingua e ensino: programación de actividades culturais de todo tipo, infraestructuras culturais, programas de educación complementaria; no eido do deporte, ocupación do tempo libre e xuventude correspóndelle xestión das políticas municipais de programación de actividades e infraestructuras deportivas de ocio e para a mocidade, participación xuvenil, planificación e promoción da ocupación do tempo libre da xuventude.


No eido do desenvolvemento económico, correspóndelle a esta área a xestión de plans de formación doutras admnistracións públicas, programas de cooperación en materia de emprego doutras administracións, a xestión das políticas municipais tendentes á dinamización e potenciación da vida económica local (comercio), as políticas municipais en materia de industria, turismo e promoción dos valores turísticos do Concello, a fixación dos obxectivos para a promoción de actividades económicas do Concello, as relacións cos axentes sociais na percura de políticas integrais de desenvolvemento e fomento de actividades económicas.

 

Servizo de Xuventude e Deporte

Integrado na área de de Cultura, Ensino e Desenvolvemento Económico

Santiago Franco Blanco


Área de Infraestruturas, Urbanismo e Medio Ambiente

Juan A. Fariña Pedreira - 2º Tenente de alcaldía

Competencias:

No eido das Infraestruturas, correspóndelle a esta área o seguemento da execución dos diferentes plans de obras, xa sexan autonómicos ou provinciais, e dos plans de investimentos nas parroquias do Concello, incluída a mobilidade e seguridade viaria da rede municipal.

No eido dos Servizos Municipais, correspóndelle a esta área, o mantemento dos servizos básicos municipais de iluminación pública, abastecemento de auga e saneamento, acometidas, recollida de residuos sólidos urbanos. Inclúese o mantemento e conservación de vías públicas


Esta área comprende, no eido do Urbanismo, a xestión urbanística; a execución de planeamento; expropiacións por razóns de urbanismo, políticas municipais de dotación de solo para vivendas sociais, promoción de vivendas sociais, licenzas urbanísticas de todo tipo, comunicacións previas, licenzas para o exercizo de actividades e comunicacións previas de actividade, expedientes de disciplina urbanística.


En materia de Patrimonio, correspóndelle a xestión patrimonial do Concello, inventario de bens, dereitos e obrigas, administración e defensa do patrimonio municipal, patrimonio histórico, adquisición de bens por expropiación forzosa, agás nos casos das expropiacións urbanísticas.


No eido de Medio Ambiente, correspóndelle a xestión das políticas municipais de medio ambiente: sensibilización e fomento da conciencia medioambiental, políticas transversais de sostibilidade ambiental, planificación de espazos públicos e redifinición dos espazos públicos existentes; e os expedientes administrativos relacionados con este área.


En materia de Paticipación Veciñal, correspóndelle a política de información ao cidadá, políticas municipais de participación cidadá a través dos instrumentos previstos no Regulamento orgánico municipal.

 

 

Servizos municipais

Integrado na área de Infraestruturas, Urbanismo e Medio Ambiente

 

Eloy Babío Veiga


Área de Obras públicas, Réxime interior e Seguridade

 

José Ramón Lorenzo Carou - 3º Tenente de alcaldía

Competencias:

No eido das obras públicas, correspóndelle a esta área o seguemento das obras públicas municipais, dos investimentos en conservación de edificios e equipamentos públicos, mesmo planificación dos pequenos investimentos nas materias indicadas; tamén no eido dos equipamentos públicos, as competencias municipais en materia de praias, cemiterios, parques e xardíns e parque empresarial. Tamén correspóndenlle as competencias en materia de limpeza viaria, roces, e limpeza de edificios públicos.


No eido de Réxime interior e Persoal, a xestión dos recursos humáns do Concello, os aspectos relativos á organización do Concello, métodos de traballo e instruccións correspondentes, agás as relacións cos representantes dos empregados públicos e Mesa xeral de negociación.


No eido da seguridade, correspóndelle a xestión da seguridade cidadá, protección civil e policía local.

 

Servizo de Equipamentos públicos

Integrado na área de Obras Públicas, Réxime Interior e Seguridade

Juan Francisco Sánchez López


Área de Benestar Social - 4ª Tenente de alcaldía

María Begoña Calviño Dorado 

Competencias:

Correspóndelle a esta área a xestión de programas dos servizos sociais municipais, de atención ás situacións de marxinación e exclusión social, medidas de integración social, política de inmigración, atención á terceira idade, axuda no fogar, muller, familia e igualdade, voluntariado e seguemento da Escola Infantil Municipal.




Casa do Concello, Casa da Cultura e Edificio Adminstrativo de Servizos Sociais

 981 79 12 52, ext. 3

Alejandra Pérez Máquez

Juan A. Fariña Pedreira

Juan Francisco Sánchez López

Santiago Franco Blanco

Mª Begoña Calviño Dorado

José Ramón Lorenzo Carou

Patricia Mª Vázquez Figueroa

Eloy Babío Veiga

Importante: Os horarios que figuran a continuación son orientativos. Por favor, pola súa comodidade, póñase en contacto previamente co concelleiro/a para concertar unha cita. Moitas grazas.

Mª Begoña Calviño Dorado

Luns a venres: de 10:00 a 13:00 h ou de 17:00 a 20 h.

Juan Francisco Sánchez López

Martes, xoves e venres: de 14:00 a 15:00 h.

Luns, martes, mércores e xoves:de 16:30 a 19:30 h.

Santiago Franco Blanco

Luns a venres: de 16:30 a 19:30 h.

Patricia Mª Vázquez Figueroa

Luns a venres: de 10:00 a 14:00 h.

Eloy Babío Veiga

Luns a venres: de 10:00 a 14:00 h.

Atención ó público: Segundo necesidades e dispoñibilidade.





Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legalPolítica de privacidad

myself, Côte de Geneve on the bridges and circular Côte de Geneve on the winding mass. The screws are heat-blued and the edges of the bridges are beveled and polished. That s what we may expect from a Haute Horlogerie manufacture like Girard-Perregaux and they have delivered accordingly. The movement is fitted with two parallel barrels with a power reserve indicator using a rack system. At 12 oclock, Colt breitling knockoff , We offer top swiss AAA Omega cartier wholesale watches online , and much later they invented Spring Drive. Since both are equipped with a quartz crystal.
/home/bergondo/public_html/typo3/sysext/cms/tslib/index_ts.php